Despois de seis anos sen publicar traballo nin actuar en exteriores, Xil Ríos está de volta. Este verán presentará o seu novo disco, 'Son da alma', nas festas, verbenas e salas de toda Galicia.
Acompañado dunha banda de músicos deseñada para a ocasión, con Miguel Queixas á batería e Tito Caliño á guitarra, entre outros,
Xil Ríos interpretará os temas do novo disco, como o sngle Xa Caerá, sen esquecer os grandes clásicos da súa carreira, como Xirarei ou Rapaciña bonita, dúas das cancións máis emblemáticas da música galega contemporánea. |