indice

 
SON DA ALMA
O novo traballo de Xil Ríos chega baixo o título 'Son da alma'. Un álbume que sempre tivo en mente, dende que sendo neno escoitou por primeira vez, sentado nos palcos das orquestras, os ritmos caribeños que chegaban a Galicia.

Cunha instrumentación sinxela e baixo a premisa do cantante e compositor de innovar e acadar un son máis acústico e natural, Xil Ríos e o productor do disco, Segundo Grandío, conseguen con 'Son da alma' un disco realmente potente, que mistura as músicas caribeña e galega coa retranca e o ton festivo típicos do artista de Moaña. Unha combinación coa que Xil Ríos promete facer bailar e desfrutar coma nunca nunha xira que o levará por toda Galicia. O primeiro single é 'Xa caerá', o primeiro corte do disco, do que ten gravado un videoclip.
sondaalma

Xela Conde, Sara Malvido, Ana Senlle. CANTAREIRAS
Paco (Grupo Impacto), Juan Eiras. ACORDEÓNS
Willy Mondeja. PERCUSIÓN, TRES CUBANO
Adrián Freiría. RUMBERAS
Diego Pacheco. GUITARRA
Segundo Grandío. CONTRABAIXO, GUITARRAS ACÚSTICAS
Arranxado e producido por Segundo Grandío (Pai-música)
Deseño gráfico de Pedro Telmo
Gravado e mesturado nos estudos Casa de Tolos (Gondomar)